A Pobra de Trives acolle este venres un obradoiro de xabóns artesanais con plantas locais

RibeiraSacraXa
Será en horario de tarde e require de inscrición previa
xabon
11 Sep 2025

O Concello de A Pobra de Trives organiza un obradoiro de xabóns artesanais con plantas locais destinado a todas aquelas persoas interesadas en aprender a elaborar os seus propios produtos naturais aproveitando os recursos da comarca.

O obradoiro terá lugar este venres 12 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas, na sala de reunións do Concello. As prazas son limitadas a un máximo de 15 participantes, e as inscricións poden realizarse contactando con Juan Carlos no teléfono 697 943 160.

O curso será impartido por Piel Natura e ofrecerá técnicas sinxelas e sostibles para crear produtos únicos e respectuosos co medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.13405203819275