A oficina móbil de expedición de DNI e pasaportes volverá a Taboada tras a alta demanda rexistrada na última visita

O pasado venres 13 de febreiro, o servizo móbil de expedición de DNI e pasaportes (VIDOC) voltou a Taboada e, unha vez máis, resultou un éxito, xa que se emitiron un total de novos documentos de identidade.
Debido á alta demanda, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, anunciou que o servizo regresará o próximo 13 de abril, data para a cal xa é posible reservar cita contactando directamente co propio Concello.
Ademais, Rigueira informou que na mesma liña de achegar distintos servizos á cidadanía, o próximo 11 de marzo o programa “A administración preto de ti” instalarase en Taboada. Nesta iniciativa, persoal da Subdelegación do Goberno en Lugo ofrecerá asesoramento sobre trámites e xestións habituais, resolverá dúbidas e axudará a obter o certificado dixital e Cl@ve permanente para relacionarse electronicamente coas administracións públicas.
Con este tipo de iniciativas, asegura Rigueira, o Concello continúa “cumprindo, neste caso achegando a Taboada servizos que melloran a vida das persoas”.