A historiadora Mar López Sotelo trae ao Espazo Xove de Chantada unha exposición fotográfica de esgrafiado galego
O Espazo Xove de Chantada organiza unha exposición fotográfica chamada 'Esgrafiado Galego, obras de arte nas paredes' de Mar López Sotelo, directora da área de Historia e Antropoloxía do Instituto Europeo Campus Stellae.
Esta exposición, que foi inaugurada o pasado venres pola académica, durará ata o vindeiro 28 de febreiro.
A mostra
O esgrafiado galego é unha técnica esquemática, simbólica, naturista e historiada de decorar as paredes das edificaciones do rural galego, que de forma recurrente se atopan en todos os viaís do Camiño de Santiago e moi especialmente na ruta do románico da Ribeira Sacra.
A autora está a desenvolver unha exhaustiva descripción da técnica a través do método de Tafonomía e Fotogrametría para determinar os elementos que o diferencian do restos de estilos de esgrafiados de decorar as paredes.
A primeira descripción foi realizada polo artista italiano Giorgio Vasari que acuñou por primeira vez o termo Renacemento e creou a primeira Academia das Belas Artes.
Mar López Sotelo
Mar López Sotelo, é directora na área de Historia e Antropoloxía do Instituto Europeo Campus Stellae; investigadora no campo da arqueoloxía e paleoantropoloxía pola Universidade de Burgos, e no campo da antropoloxía social e cultural pola UNED.
Ademáis, é escritora e fotógrafa, aplicando a técnica de fotogrametría nos seus estudos.