A CHMS realiza traballos de conservación nos ríos Cabe, Enviande, Miño, Anllo e rego do Piñeiro

LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
Teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica e a composición da vexetación de ribeira
chms
20 Nov 2024

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leitos e marxes dos ríos de Lugo, actuacións incluídas na conservación do Dominio Público Hidráulico (DPH) dos ríos da Demarcación Miño-Sil para 2024.

Esta semana, 6 brigadas compostas por 5 operarios especializados cada unha, traballan nos municipios lucenses de Monforte, Chantada, A Pastoriza, Meira, Cospeito e Lugo, nos ríos Cabe, Enviande, Miño, Anllo e rego do Piñeiro, co interese de mellorar a súa capacidade hidráulica e a composición da vexetación de ribeira.

“Traballos motivados pola importante presenza de madeiras e árbores con estabilidade comprometida sobre ambas as marxes e de residuos sólidos urbanos” explicou José Antonio Quiroga, presidente do Organismo.

Procédese á retirada de árbores secas, en pé e derrubados e á eliminación de tapóns e residuos sólidos urbanos que puidesen obstaculizar o paso de auga.

Así mesmo, realízanse rozas selectivas de matogueira perimetral, poda e clarexo de ramas baixas, co obxectivo de mellorar a composición da vexetación de ribeira.

E por outra banda, a brigada de intervención puntual, retira madeiras e árbores caídos en distintas localizacións dos ríos Neira, Chamoso, Ladra e Parga.

Estes traballos execútanse de forma manual nas ribeiras e con apoio de maquinaria (tráctel) para retirar as madeiras situadas dentro do propio leito.

No caso de curtas de amieiros, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

O investimento estimado á finalización dos traballos nos leitos enumerados superará os 167.000 euros.

0.20401787757874