A CHMS inicia traballos de limpeza e conservación no río Asma ao seu paso por Chantada

RibeiraSacraXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil inicia traballos de limpeza e conservación no río Asma ao seu paso polo concello de Chantada
rio limpeza confederacion auga
5 Sep 2022

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS),  organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inicia a limpeza  das marxes do río Asma ao seu paso polo municipio lucense de Chantada. Acondicionaranse 1,3 km da superficie para evitar inundacións.

Na inspección previa observouse a necesidade de mellorar a capacidade hidráulica da superficie e a composición da vexetación da ribeira, ademais da presenza abundante de madeira e tapóns illados ao largo de todo o tramo urbano, dende a ponte da antiga N-540 ata a zona de ubicación da EDAR de Chantada

PROBLEMÁTICA

É importante destacar que a obturación do río Asma é un fenómeno que se repite ao longo dos años dende que se leva a cabo a canalización do mesmo ao seu paso pola localidade de Chantada; isto provoca obturación debido á proliferación excesiva de vexetal ripario e especies potenciadoras da sedimentación, que forman densas redes coa conseguinte redución do fluxo de auga circulante.

Para naturalizar o caudal e conseguir unha situación de acondicionamento duradeiro, reducirase a anchura actual del río de augas baixas, o que permitirá recuperar unha velocidade maior, eliminando as zonas artificiais de sedimentación para convertelas en zonas de transporte, e en consecuencia, evitar a acumulación de sedimentos e a conseguinte proliferación de especies heliófilas no centro do caudal.

Por outra banda, procederase á eliminación de tapóns e restos de madeira presentes ao longo de todo o tramo de actuación, realizaranse desbroces selectivos en dominio público hidráulico e zona de servidume nos puntos nos que a vexetación invada o caudal.

Os traballos comezaron coa retirada de residuos sólidos urbanos, como paso previo á execución dos traballos descritos.

“Dende a CHMS traballamos no río Asma co obxectivo de recuperar os procesos naturais do caudal, de mellorar a continuidade lonxitudinal dun bosque en galería que impedirá a proliferación de especies herbáceas e arbustivas heliófilas non desexadas no centro do caudal, ademais de incrementar o valor paisaxístico dunha zona urbana con moito tránsito”, explica o presidente da CHMS.

“É necesario recordar que a CHMS colabora cos concellos que  solicitan e amosan a necesidade e a falla de medios, se ben, a limpeza de tramos urbanos é unha responsabilidade da administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, é dicir, competencia municipal” conclúe Quiroga.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17216181755066