A Biblioteca Accesible de Bóveda retoma a súa actividade

RibeiraSacraXa
As sesións terán lugar todos os venres
biblioteca-libros-1
25 Sep 2025

A Axencia de Lectura Municipal do Concello de Bóveda retomou a actividade da Biblioteca Accesible o pasado venres, coincidindo coa conmemoración do Día Europeo das Linguas.

As sesións da Biblioteca Accesible, destinadas a facilitar o acceso á lectura, están abertas a todas as persoas interesadas e celébrase todos os venres, ás 11:30 horas. O espazo conta con materiais adaptados para persoas maiores, con diversidade funcional ou con problemas visuais, co obxectivo de garantir unha experiencia lectora inclusiva.

⚙ Configurar cookies
0.10029006004333