A Asociación Sociocultural Boca do Monte celebra o IX Día da Castaña en Os Anguieiros

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, en colaboración co Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, organiza este sábado 1 de novembro a IX edición do Día da Castaña en Os Anguieiros, Quiroga, un encontro que busca fomentar a participación comunitaria en torno á tradición do Magosto. Durante a xornada non faltarán castañas asadas, empanadas, viño, licores e doces típicos.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, realizarase un obradoiro de elaboración de cabazas de Samaín dirixido aos nenos, cuxas creacións formarán parte da decoración do espazo destinado á maxia. Paralelamente, os participantes terán a oportunidade de visitar algúns dos fornos de cana que aínda se conservan no pobo, utilizados antigamente para secar as castañas, así como maquinaria empregada para pelalas.
Para rematar a xornada, ás 20:00 horas acenderase a fogueira para asar as castañas e, a partir das 21:00 horas, serviranse os alimentos do Magosto, acompañados de doces, viño e licores. A xornada finalizará cun desfile do grupo tradicional Abertal da Rúa.
Dende a organización explican que pola mañá estaba prevista unha charla sobre a recollida, venda e procesamento de castañas a cargo da Cooperativa Amarelante de Manzaneda. Sen embargo, a organización viu necesaria aprazala para outra ocasión.