A Asociación Cultural Teatreiras leva a Bóveda a función “Retrincos e Cousas de Castelao”

RibeiraSacraXa
A función terá lugar este sábado dentro do programa cultura promovido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo
retrincos-cousas-castelao
24 Oct 2025

A Asociación Cultural Teatreiras de Monforte levará este sábado a Bóveda a representación da obra “Retrincos e Cousas de Castelao”, unha peza que forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado, promovido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

A obra, montada e coordinada por Francisca Abeledo, rende homenaxe ao escritor galego Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento.

O espectáculo estrutúrase nunha sucesión de escenas que retratan a cotiandade da época reflectida por Castelao, unha Galicia marcada por tempos convulsos, onde a emigración supuña oportunidades pero tamén xeraba unha profunda dor nas familias que quedaban separadas.

O elenco está formado por Pilar Cambón, Clarisa Mira, Rita Aira, Noelia Pastor, Iago Fernández, Gloria Guerrero, Enzo González, Yolanda Gómez, Alicia Vega, Carolina López, Natalia Pereiro e Estefanía Macineanu. A dirección e coordinación correu a cargo de Paqui Abeledo, mentres que as caracterizacións foron responsabilidade de Yola, Estética e Peluquería, coa colaboración de Iván, Nery, Bea, Carmela, Julio e Ángel.

⚙ Configurar cookies
0.070770025253296