A Alcaldía de Monforte e a Deputación de Lugo participaron do acto organizado pola Secretaría de Estado de Turismo

RibeiraSacraXa
A Secretaría de Estado de Turismo e a Delegación do Gobierno en Galicia organizou un evento no Parador de Santo Estevo, en Ourense, para promocionar a candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra no que participou a tenente de alcade de Monforte, que valorou moi positivamente o apoio do Goberno de España, manifestado a través da Secretaria de Estado.
Ribeira Sacra Patrimonio Mundial
13 Abr 2024

A Secretaría de Estado de Turismo e a Delegación do Gobierno en Galicia organizou un evento no Parador de Santo Estevo, en Ourense, para promocionar a candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra no que participou a tenente de alcade de Monforte, que valorou moi positivamente o apoio do Goberno de España, manifestado a través da Secretaria de Estado.

Baixo o título “Encuentro de Turismo y Ribeira Sacra, candidatura a Patrimonio de la Humanidad”, o acto estivo presidido por Rosana Morillo Rodríguez, secretaria de Estado de Turismo do Goberno de España, e Pedro Blanco Lobeiras, delegado do Goberno en Galicia, e reuniu a alcaldes e representantes municipais dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra, así como das dúas Deputacións ás que pertence este territorio, como son Lugo e Ourense.

No acto, a Secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, manifestou o seu total apoio á candidatura da Ribeira Sacra a ser declarada Patrimonio Mundial da UNESCO, que se presentará en febreiro de 2025 e será avaliada en 2026.

Ao acto tamén asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a subdelegadas do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López; e o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, así como o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, entre outras autoridades.

Gloria Prada destacou que “a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade é o impulso definitivo para a desestacionalización e diversificación do turismo en Galicia” e subliñou que “dende o Concello de Monforte, que é a capital da Ribeira Sacra, consideramos fundamental o apoio do Goberno do Estado polo impulso que supón para o proceso e para a propia resolución”.

Apoio da Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo tamén valora o apoio do Goberno de España á candidatura da Ribeira Sacra para que sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Así o manifestou a voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

Porto subliñou que “dende a Deputación consideramos fundamental o apoio do Goberno do Estado polo impulso que supón para o proceso e para a propia resolución”.

Durante o encontro, reiterou as verbas manifestadas publicamente polo presidente da Deputación, José Tomé, quen expresou o total respaldo e apoio da institución provincial para que a Ribeira Sacra reciba este prestixioso recoñecemento internacional.

Así mesmo, lembrou a voceira socialista do Goberno o impulso á candidatura, cando José Ramón Gómez Besteiro presidiu esta institución provincial, cunha campaña de mobilización institucional e social “coa que se recolleron máis de 40.000 firmas nun autobús que percorreu a xeografía galega e do resto de España”.

“Confiamos en que a Xunta de Galicia teña en conta tamén a implicación de todas as administracións locais e do tecido social”, pois esta colaboración conxunta “será fundamental para acadar o éxito da proposta e dar un impacto máis positivo, en termos turísticos cunha maior proxección internacional e de xeración de riqueza para o territorio”, salientou Pilar García Porto.

Neste sendo, referiuse a Deputada ao feito de que o Goberno galego “non contara cos concellos á hora de elaborar nin esta nin a anterior proposta, aínda que o importante é que saia adiante para compartir co mundo este enclave único e Reserva da Biosfera”.

0.084944009780884