50 estudantes monfortinos participaron na décima edición do proxecto interxeracional de Afundación ‘Fálame da emigración’

RibeiraSacraXa
Voluntarios do Espazo +60 de Monforte de Lemos compartiron experiencias con alumnado de 3º da ESO
falame-da-emigracion-afundcion-monforte
23 Feb 2026

Alumnado de Monforte de Lemos participou o pasado venres nunha nova sesión do programa interxeracional “Fálame da emigración”, impulsado por Afundación, a Obra Social de ABANCA. A iniciativa celebra este ano a súa décima edición coa participación inicial de dez centros educativos de toda Galicia.

O encontro tivo lugar no Real Colexio Escolapios de Monforte, onde voluntarios do Espazo +60 de Monforte de Lemos compartiron experiencias con 50 estudantes de 3º da ESO. O eixe do diálogo foi a emigración: as vivencias en primeira persoa das persoas maiores e a ollada do alumnado sobre os movementos migratorios, tanto do pasado como do presente.

Integrado na liña estratéxica “El valor de la experiencia” da Área de Maiores de Afundación, “Fálame da emigración” promove o encontro entre xeracións para dialogar e reflexionar conxuntamente. Nesta edición, ao igual que o programa “Falamos da escola”, desenvolverase en centros educativos de Ares, Fisterra, Marín, Monforte, Ourense, Trazo, Santiago, Sarria, O Saviñao e Vigo, coa previsión de incorporar novas localidades nos vindeiros meses.

Coincidindo cos dez anos de implantación dos seus programas interxeracionais, a Área de Maiores de Afundación realizou un estudo de avaliación entre o alumnado participante nos cursos 2023-2024 e 2024-2025. Nel tomaron parte 543 estudantes de 16 centros, que completaron o Cuestionario de Estereotipos Negativos sobre o Envellecemento (CENVE) antes e despois da súa participación. Os resultados amosan unha mellora significativa na percepción do envellecemento: se ao inicio o 77 % do alumnado presentaba niveis baixos ou moi baixos de estereotipos negativos, tras o programa a cifra ascendeu ao 89 %. Así mesmo, a porcentaxe de estudantes que consideran que ambas xeracións teñen algo ou bastante en común pasou do 68 ao 76 %.

«Estos resultados, sumados a las evaluaciones que hemos realizado durante los 10 años de implantación de los programas entre el alumnado participante, las personas voluntarias y los docentes, muestran su potencialidad y la necesidad de seguir trabajando en proyectos intergeneracionales que contribuyan a una mayor cohesión social. Sin duda ratifican lo que recoge el Informe Mundial de Edadismo de la OMS que subraya que las actividades educativas y las intervenciones de contacto intergeneracional son, junto a las políticas y la legislación, las estrategias más eficaces para combatir el edadismo.», subliña Sabela Couceiro, coordinadora da Área de Maiores de Afundación.

A dinámica do programa combina o relato directo das persoas maiores con materiais didácticos facilitados pola entidade —como documentais e guías— e traballos do propio alumnado sobre os vínculos familiares coa emigración. A partir de aí, xérase un espazo de aprendizaxe non formal que fomenta a curiosidade, a empatía e o respecto mutuo, ao tempo que axuda a desmontar estereotipos e a reforzar os lazos entre xeracións. Ademais, o proxecto favorece que as persoas maiores se sintan escoitadas e recoñecidas pola súa achega á comprensión dun capítulo esencial da historia recente.

0.067553043365479