'Boa sorte, mala fama' será representada na Casa da Cultura da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa

A Casa da Cultura Olga Novo acolle o vindeiro domingo, 21 de abril ás 19.

14 abr 2024

A Casa da Cultura Olga Novo acolle o vindeiro domingo, 21 de abril ás 19.00 horas, a obra de teatro 'Boa sorte, mala fama' de Tarabela Creativa.

Esta obra combina narración oral, música ao vivo e interpretación actoral para contar a historia máis incómoda da nosa emigración a través de distintas épocas e persoas.

Todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán facelo de forma gratuíta achegándose á Casa da Cultura o 21 de abril, domingo.