Ribas de Sil remata as obras de mellora do acceso á captación de auga de Torbeo

RibeiraSacraXa
A actuación, cun investimento de 17.029,84 euros, facilita o acceso en vehículo e inclúe novas arquetas e un peche para protexer as instalacións
mellora-acceso-deposito-torbeo
1 Oct 2026

O Concello de Ribas de Sil rematou as obras de mellora do acceso á captación de auga de Torbeo, unha actuación que permite achegar os vehículos ata as proximidades das instalacións e facilita os traballos de conservación e mantemento.

Os traballos incluíron tamén intervencións na propia captación, coa instalación de novas arquetas e dun peche perimetral. Esta medida permite evitar o acceso de animais ao recinto e contribuír á protección das instalacións.

A actuación contou cun investimento total de 17.029,84 euros, financiado con cargo ao Plan Deputación da Deputación de Lugo.

Co remate dos traballos queda completada a actuación prevista para mellorar o acceso e as condicións da captación de auga de Torbeo.

0.15746593475342