O Edificio Multiusos de Monforte acolle o Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza

RibeiraSacraXa
O espectáculo reunirá distintas disciplinas de danza e contará tamén con escolas convidadas de Ourense
festival-escola-danza-monforte
13 Jun 2026

A Escola Municipal de Danza de Monforte de Lemos celebra este domingo o seu Festival Fin de Curso, un espectáculo aberto ao público que terá lugar no auditorio do Edificio Multiusos ás 18.30 horas.

O evento servirá como mostra do traballo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado do centro, con especialidades como ballet clásico e danza contemporánea, nunha proposta pensada para amosar a evolución técnica e artística das alumnas participantes.

O festival contará ademais con actuacións convidadas da Escola de Danza Centro Coppelia de Ourense, que se sumará á programación cun repertorio variado no que se inclúen disciplinas como ballet, danza contemporánea, flamenco, danza oriental, bailes urbanos, Broadway e ritmos latinos.

A entrada será de balde e a actividade está dirixida ao público en xeral, co obxectivo de achegar a danza a todos os públicos e pechar o curso cunha exhibición aberta e participativa.

0.12222099304199