La AELG reclama la reposición urgente del monolito de Antón Avilés de Taramancos en Monforte

RibeiraSacraXa
Denuncian que, según informaciones divulgadas públicamente, llevaría varios meses tirado en una finca municipal
monolito-anton-viles-de-tamallancos
23 Apr 2026

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) expresou a súa “profunda preocupación” pola situación do monólito dedicado ao escritor Antón Avilés de Taramancos en Monforte de Lemos, que, segundo informacións difundidas publicamente, levaría varios meses abandonado nunha finca de propiedade do Concello de Monforte, próxima ás instalacións do punto limpo.

Segundo estas informacións, o monólito tería sido trasladado desde a rúa que leva o nome do autor por parte dunha empresa que realizou recentemente traballos de arranxo nas beirarrúas.

O monumento foi inaugurado en 2003 con motivo do Día das Letras Galegas dese ano. Desde a AELG destacan a “enorme relevancia intelectual, poética e persoal de Antón Avilés de Taramancos, quen ademais foi presidente da AELG entre 1986 e 1988”, polo que solicitan que sexa “reposto urxentemente no seu emprazamento orixinal, restituíndo así a súa xusta memoria e valoración como autor fundamental da nosa literatura”.

0.11696195602417