La Praia Fluvial de O Sangoñedo prepárase para a tempada de verán

A Praia Fluvial de O Sangoñedo está a ser acondicionada estes días de cara á tempada estival. A Brigada de Parques e Xardíns do Concello de Chantada estivo traballando na posta a punto do areal e da zona de baño do río para deixala lista para o uso da veciñanza.
Esta praia fluvial leva anos inscrita no Rexistro de Zonas de Baño, polo que se realizan de forma periódica análises por parte da Consellería de Sanidade co obxectivo de garantir a calidade da auga para o baño. O pasado día 19, a propia Consellería confirmou que os valores microbiolóxicos se manteñen dentro dos límites establecidos.
O espazo está incluído tamén na Rede de Praias sen Fume e conta coa distinción de categoría Ouro, a máxima cualificación de calidade.
A contorna da praia complétase cunha ampla zona verde, mesas de uso público e un parque infantil. Ademais, o Concello realizou recentemente tarefas de mantemento na área de xogos, dentro dos traballos habituais de conservación das zonas verdes municipais.