Acción contra el Hambre organiza en Monforte unha charla sobre saúde mental e asistencia sanitaria

RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar este xoves 21 de maio en colaboración coa Asociación Albores de Monforte e a traballadora social do Hospital Comarcal de Monforte
accion-contra-a-fame
17 May 2026

Acción contra el Hambre, en colaboración coa Asociación Albores de Monforte e a traballadora social do Hospital Comarcal de Monforte, organiza unha charla informativa centrada na mellora do acceso aos recursos dispoñibles en saúde mental e asistencia sanitaria.

A actividade terá lugar o xoves 21 de maio, en horario de 11:00 a 13:00 horas, en formato presencial, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte.

O encontro ten como obxectivo facilitar información e orientación sobre os recursos existentes no ámbito sanitario e da saúde mental, así como favorecer o seu coñecemento e acceso por parte da poboación.

0.11602711677551