Talía Teatro chega mañá a Monforte coa súa función ‘Un Deus Salvaxe’

RibeiraSacraXa
A función terá lugar no Edificio Multiúsos ás 20:15 horas
un-deus-salvaxe-talia-teatro
5 Nov 2025

Monforte acolle mañá unha nova función teatral dentro do ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que se celebrará no Edificio Multiúsos ás 20:15 horas. A compañía Talía Teatro será a encargada de representar “Un Deus Salvaxe”, un espectáculo baseado na obra de Yasmina Reza e dirixido por Artur Trillo. O elenco está formado por María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais.

A obra presenta o encontro entre dúas parellas que tentan mediar un conflito protagonizado polos seus fillos: un neno causou a rotura de dous dentes a outro tras unha pelexa no parque. A partir deste sinxelo argumento, a obra ofrece unha crítica con humor sobre as relacións sociais actuais, a educación, a competencia e o exceso de corrección política

⚙ Configurar cookies
0.10083389282227