Patrimonio y naturaleza a la vista con la nueva edición de “Déixate guiar” en A Pobra do Brollón

El Concello de A Pobra do Brollón vuelve a lanzar este verán o seu programa “Déixate guiar ‘25”, unha iniciativa de visitas guiadas por espazos patrimoniais e naturais que se desenvolverá do 21 de xullo ao 14 de setembro. A proposta abrangue catro puntos de interese: o Castro de San Lourenzo, as Penas do Castelo, a Cova das Choias e as adegas e miradoiro de Vilachá.

As visitas requiren reserva obrigatoria cunha antelación mínima de 24 horas, a través do número 603 965 082 (preferentemente por WhatsApp). O custe é de 5 euros por persoa, agás menores de 12 anos, que teñen acceso gratuíto. O pago realízase no momento da visita. O número máximo de persoas por grupo é de 15, agás na Cova das Choias, onde se limita a 10 persoas por visita por motivos ambientais.
Horarios das visitas:
- Castro de San Lourenzo: luns 18:00 h / martes 11:00 h / mércores 11:00 h
- Penas do Castelo: luns 11:00 h / xoves 11:00 h / venres 18:00 h
- Cova das Choias: martes 18:00 h / xoves 18:00 h
- Adegas e miradoiro de Vilachá: mércores 18:00 h / venres 11:00 h
Durante as visitas, as persoas participantes poderán explorar enclaves como o Castro de San Lourenzo, exemplo de arqueoloxía en comunidade; Penas do Castelo, un espectacular lugar sobre o río Lor cargado de simbolismo; ou a Cova das Choias, con musgos luminiscentes, morcegos e mitoloxía popular.
Tamén se percorren as adegas medievais de Vilachá, na Ribeira Sacra, combinando historia vitícola e vistas dende o miradoiro da Capela, onde se descobre o enclave de Os Conventos, clave para entender a orixe das bancadas vitícolas.
O Concello anima a participar nesta proposta que busca poñer en valor o patrimonio local mediante experiencias vivenciais, en grupos reducidos e con máximo respecto ao entorno, e lembra que se pode consultar dispoñibilidade para fins de semana.