Escolares del Colegio de Bóveda participaron en una visita guiada al Castro de San Lourenzo, en A Pobra do Brollón

O alumnado do CEIP de Bóveda realizou esta semana unha visita didáctica ao castro de San Lourenzo, situado na parroquia de Cereixa (A Pobra do Brollón), dentro do proxecto escolar “A vida castrexa”.
Ao longo da xornada, o estudantado puido explorar este importante xacemento arqueolóxico, que conserva vestixios de ocupación desde a época romana ata a Idade Media. A actividade permitiu coñecer de preto a súa necrópole medieval e os traballos de recuperación realizados a través de proxectos de arqueoloxía comunitaria.