Agapito Rodríguez Moreira incorpórase ao goberno municipal da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O Concello destaca que a súa incorporación se realiza “con compromiso e responsabilidade”,
bng-brollon
23 Sep 2025

Este luns celebrouse o Pleno no que se oficializou a entrada de Agapito Rodríguez Moreira no equipo de goberno do Concello da Pobra do Brollón.

Agapito, veciño da capitalidade do municipio, é xubilado do sector naval e mantén unha vinculación co BNG desde os seus primeiros anos na localidade. O Concello destaca que a súa incorporación se realiza “con compromiso e responsabilidade”, e aproveita a ocasión para agradecerlle que se sume ao traballo do goberno municipal.

⚙ Configurar cookies
0.084743976593018