Estabilizado el incendio forestal en Chandrexa de Queixa que deja más de 50 hectáreas afectadas

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, quedou estabilizado ás 21.32 horas de hoxe venres.
O lume iniciouse ás 00.58 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 4 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.